InicioSociedadeRetidos por conducir sen puntos e ser reincidentes

Retidos por conducir sen puntos e ser reincidentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detectou a dous condutores nas localidades lucenses de Chantada e Ribeira de Piquín que carecían de permiso de condución por esgotar a totalidade de puntos. Ambos os casos xa tiñan sentenzas firmes polos mesmos feitos.

No termo municipal de Chantada, os axentes da Garda Civil interceptaron o pasado 17 de febreiro a unha condutora que, ademais de carecer de permiso de condución vixente, tamén arroxou un resultado positivo no test de drogas. As autoridades comprobaron que a muller xa fora investigada polos mesmos feitos en tres ocasións durante este ano.

O segundo caso foi detectado en Ribeira de Piquín, onde os axentes localizaron a un condutor que tamén tiña sen vixencia o permiso de condución e que, segundo comprobaron posteriormente, fora investigado por este mesmo motivo en tres ocasiones nos últimos tres meses. Nas súas últimas infraccións figura que se viu inmerso nun sinistro viario do que se ausentou, aínda que finalmente foi localizado e identificado.

A Garda Civil comisou os vehículos utilizados polos infractores, que foron postos a disposición da autoridade xudicial. Para ese efecto, instruíronse dilixencias que foron remitidas aos Xulgados de Instrución de Chantada e da Fonsagrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...