InicioSucesosPillan dous mozos a 125 e 116 km/h nunha zona céntrica de...

Pillan dous mozos a 125 e 116 km/h nunha zona céntrica de Lugo limitada a 30

Ambos os condutores enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou dous mozos condutores de 23 e 24 anos de idade cando circulaban a 125 e 116 quilómetros por hora nunha zona céntrica limitada a 30 km/h. Segundo informou a Policía Local, na madrugada do pasado 16 de febreiro efectivos do Grupo Operativo Nocturno intensificaron os controis de velocidade en vías do centro urbano, coa utilización dun vehículo policial con cinemómetro.

No marco destes controis, levados a cabo en vías limitadas a 30 km/h, ás 00,10 horas foron detectados na Rolda do Carmen dous turismos que circulaban un detrás doutro a 125 e 116 km/h, respectivamente, que foron interceptados por unha patrulla policial.

Así, foron identificados os condutores como mozos de 23 e 24 anos de idade, que foron trasladados á Unidade de Atestados do Corpo para a instrución das dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, ao superar en máis de 60 km/h a velocidade máxima permitida por sinal dentro do centro urbano.

Ambos os condutores enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade e, en todo caso, lembra a Policía Local, coa pena de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...