InicioSociedadeLugo tamén conmemora o bicentenario da provincia de Villafranca do Bierzo

Lugo tamén conmemora o bicentenario da provincia de Villafranca do Bierzo

A Deputación de Lugo pon de manifesto a "relación de colaboración institucional fluída e cordial" entre a provincia galega e León.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves aos
actos de conmemoración do bicentenario da provincia de Villafranca del Bierzo organizados
polo consistorio da localidade leonesa. A presenza da Deputación de Lugo, que formou parte do comité de honra das autoridades desta efeméride histórica, deu conta das boas relacións existentes entre as dúas comunidades.

Rivera Capón tomou parte na inauguración e visita da exposición Bicentenario da provincia de Villafranca del Bierzo e tamén no acto de descubrimento dunha placa do bicentenario na
fachada da igrexa de San Nicolás El Real, antiga sede da Deputación provincial. Ambos foron encontros culturais para celebrar que o 27 de xaneiro de 1822 as Cortes españolas aprobaron por decreto a creación da provincia de Villafranca, coa capital en Villafranca del Bierzo.

Trátase dunha división administrativa que durou dez anos, quedando logo as súas localidades integradas nas provincias de León, Ourense e Lugo. O Deputado de Promoción Económica e Social puxo de manifesto que as provincias de Lugo e de León manteñen “unha relación de colaboración institucional fluída e cordial, marcada polo desexo de traballar en beneficio da cidadanía, e de estar á altura das boas relacións de veciñanza que Galicia e León mantiveron ao longo da historia”.

Mostra diso é, por exemplo, a colaboración para atender incidencias por neve e xeo que a Deputación de Lugo presta na parte leonesa de estradas dos Ancares, por exemplo ao seu paso polo concello de Candín.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...