InicioDeportesJavi López: “Aquí hai unha familia”

Javi López: “Aquí hai unha familia”

O primeiro adestrador albivermello resaltou que o Rayo Majadahonda, “con balón, ten un bo comportamento, ten movilidade e xente que ataca aos espazos”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, adestrador do Club Deportivo Lugo, afirmou que “aquí hai unha familia, non un grupo nin un equipo, e xa o amosaron de diferentes xeitos” referíndose ao feito de que nove xogadores baixaron o seu salario e outro, Vasyl Kravets, rexeitou unha oferta do Real Valladolid, equipo de Primeira, por cinco tempadas.

O Rayo Majadahonda será o rival do Lugo o vindeiro luns 10 de setembro no Wanda Metropolitano a partir das 20 horas na cuarta xornada da Liga 1|2|3. Posteriormente, visitará ao Albacete Balompié o xoves 13 a partir das 20 horas na segunda rolda da Copa do Rei e recibirá ao Real Oviedo o domingo 16 a partir das 16 horas. Afirmou que “a economía non da para tanto” ao ser preguntado sobre si viaxarán directamente dende Madrid a Albacete. Declarou que hai que “chegar ben aos partidos para afrontalos con garantías”. Tamén subliñou que “a Liga é o máis importante para todos” e que “combinarán á xente” para os tres partidos da vindeira semana.

Sobre o Rayo Majadahonda, opinou que  precisarán estar “ordenados, facendo un bo traballo defensivo, tendo ao equipo xunto e agresivo”. “Con posesión de balón, vainos esixir moito. Con balón, ten bo comportamento, ten movilidade, xente que se asocia ben, xente que corre ao espazo”, reflexionou. Lembrou que o Rayo Majadahonda ten “interiorizado” que o Metropolitano “é o seu campo”.

Javi López respondeu que “é posible” que haxa algún cambio no once titular. Lembrou que Vasyl Kravets e Giorgi Aburjania son baixas ao ser convocados  coas súas seleccións. Adiantou que recuperan a Cristian Herrera, baixa na pasada xornada por un problema estomacal.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...