InicioTerra CháA Garda Civil incauta un arma "rompepernas" do século XIX na Terra...

A Garda Civil incauta un arma “rompepernas” do século XIX na Terra Chá

O propietario da arma foi proposto para sanción porque está podía efectuar disparos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un operativo da Garda Civil saldouse coa incautación dunha arma, datada do século XIX, e que se ofertaba como ‘escopeta rústica trampa rompepernas’ nun establecemento da Terra Chá dedicado á compravenda de bens usados e antigüidades. A actuación enmárcase na operación ‘Pandora V’, destinada á loita contra o tráfico ilícito de bens culturais na Unión Europea.

Os axentes intervineiron preventivamente a arma que se atopaba á venda neste local, ao tratarse dunha peza que puidese ser susceptible de efectuar disparos. Así, remitiuse ao departamento de balística do laboratorio de criminalística para a súa análise, avaliación e elaboración de informe pericial que acredite que poida tratarse dunha arma en funcionamento.

O informe cualifica o obxecto intervido como “arma artesanal en avanzado estado de oxidación” clasificándoo como arma curta da categoría 1, salvo acreditación de antigüidade anterior ao 1890, nese caso pasaría a ser de categoría 6.2. Por iso, o propietario foi proposto para unha infracción tipificada na lei de seguridade cidadá.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...