InicioLugo e contornaLugo#CoidemosLugo lanza un impactante vídeo para concienciar sobre o coidado do patrimonio...

#CoidemosLugo lanza un impactante vídeo para concienciar sobre o coidado do patrimonio histórico

Esta tardiña o movemento social #CoidemosLugo lanzou nas súas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram e Youtube) un impactante vídeo (realizado por Ana Chas Seijas, historiadora da arte) para concienciar sobre a importancia de coidar o patrimonio histórico e de paso animar á sociedade a unirse á súa acción deste domingo 26 de decembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este domingo 26 de decembro o movemento cidadán #CoidemosLugo convoca á sociedade lucense a unha nova acción de limpeza e concienciación, desta volta centrados principalmente no patrimonio histórico do centro da cidade.

Para sumar nesta causa unha das fundadoras de Coidemos, Ana Chas Seijas (historiadora da arte) elaborou un impactante vídeo co que se procura concienciar sobre a importancia de coidar e preservar o patrimonio histórico e cultural.

Convócanse neste domingo, día despois do Nadal, de 10h00 a 13h00. O punto de encontro e final da acción será a escalinata da Praza de Santa María, aínda que é necesario contactar con eles vía redes sociais para inscribirse na acción.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...