InicioEconomíaAlertan da "sombra de peche" nunha empresa láctea de Outeiro de Rei

Alertan da “sombra de peche” nunha empresa láctea de Outeiro de Rei

Producíronse faltas de pagamentos a un cadro de persoal de 75 empregados, e este xoves a factoría, Tegestacín SL, quedou sen subministración eléctrica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG alerta de “sombra de peche” nunha planta láctea de Outeiro de Rei, con falta de pagamentos a un cadro de persoal de 75 traballadores, ao que se sumou este xoves un corte da subministración eléctrica.

Nun comunicado, o sindicato advirte da problemática que atravesan as antigas instalacións de Leite Pascual en Outeiro, cunha situación “límite” da empresa actual, Tegestacín SL, que desde 2014 compatibilizou “diversas actividades de fabricación de leite e queixo de untar, principalmente, así como a actividade de concentración de leite para outras industrias”.

Así, explica que a comezos de ano, nunha situación de incerteza, renovouse A dirección da empresa e deuse un maior impulso ao produto envasado, “o que supuxo que, na actualidade, a empresa conte cun persoal de 75 traballadores”. Neste contexto, “a empresa parece non ser capaz de remontar a actual situación e a comezos deste mes precipítase á situación de falta de pagamento dos salarios pendentes do mes de novembro á totalidade do persoal”, cuestión que se trasladou á autoridade laboral.

“Con todo, o feito máis grave e preocupante acontece durante a mañá de hoxe (polo xoves), cando se produce o corte de subministración eléctrica á factoría, sen que, ata o momento, a representación legal do persoal teña coñecemento ou xustificación ningunha por parte da empresa”, censura a CIG –central sindical maioritaria no comité de empresa–.

Finalmente, avisa dunha situación de “parálise total da produción” que pon en risco o futuro da fábrica e o mantemento dos postos de traballo, á vez que recrimina a “actitude temeraria, de ocultación e obstrución” por parte da empresa.

+ posts

ÚLTIMAS

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...