InicioMedioambiente e PatrimonioA Domus do Mitreo racha as mellores expectativas de afluencia

A Domus do Mitreo racha as mellores expectativas de afluencia

Dende que a USC asumiu a xestión do museo en maio, máis de 8.000 persoas visitaron o enclave arqueolóxico, a meirande parte doutras comunidades

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ao longo do mes de agosto, a lucense Domus do Mitreo rexistrou 3.175 visitantes, un 35 por cento máis ca no mesmo período do ano anterior. Este importante incremento vai en liña co interese espertado entre os turistas dende a reapertura das instalacións coma museo universitario no mes de maio. Dende entón, o enclave arqueolóxico e as súas salas de exposición recibiron máis de 8.000 visitas.

A transformación do xacemento mitraico de Lugo é consecuencia do traspaso da xestión á Universidade de Santiago de Compostela, responsable única da Domus do Mitreo. Estes cambios coincidiron, segundo a propia institución de ensino, coa implantación de taxas de entrada e coa ampliación do horario de visitas ao citado museo, agora accesible para o público de martes a sábado, en quenda de mañá e tarde, e dos domingos en horario matinal.

Outro aspecto de interese é a evolución das estatísticas de visitas do público estranxeiro,  colectivo que superou en agosto as 300 persoas. De entre os visitantes foráneos contabilizados no Museo Universitario, 237 procedían do espazo europeo, 66 eran de orixe americano, e 4 do resto do mundo.

Así e todo, a Domus do Mitreo salienta pola presenza de visitantes nacionais. Durante o mes pasado, 271 veciños se achegaron ao enclave, canda a 67 persoas da provincia de Lugo, e 292 do resto de Galicia. Estas cifras non resisten a comparación co número de chegadas dende outras comunidades autónomas, que ascendeu a 2.238.

A información referida ao perfil das persoas que accederon en agosto ás dependencias museísticas presenta datos parellos aos rexistrados nos tres meses anteriores, sobre todo no que atinxe á elevada afluencia de público estranxeiro. Aliás, cómpre salientar que a porcentaxe de visitantes internacionais chegados á Domus do Mitreo durante o verán acada o 10 por cento do público. 

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...