InicioDeportesO C.V. Emevé presenta a campaña de abonados

O C.V. Emevé presenta a campaña de abonados

Bibí Bouza, presidenta do club, afirmou que promocionarán a campaña "nas redes sociais, colexios, nas rúas e prazas de Lugo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo presentou a súa campaña de abonados de cara a vindeira tempada na que o equipo feminino competirá en Superliga 1 e a sección masculina en Superliga 2.

Haberá catro categorías: 30 euros para socios individuais, 25 euros en “idade dourada” (maiores de 65 anos), de balde os menores de 18 anos e 50 euros o abono familiar. Os abonos poderán solicitarse en Joyería Honorino Freire, no pavillón dos institutos e en diferentes puntos da cidade de Lugo onde haberá carpas do club.

Bibí Bouza, presidenta do club, explicou que queren “devolverlle a Lugo o que Lugo” lles “deu”. Afirmou que a campaña se promocionará nas “redes sociais, nos colexios e saír á rúa, ás prazas de Lugo”. “Imos saír á rúa, que a xente de a pé que non ten moito contacto co deporte, que nos vexan, que saiban que existimos”, comentou.

Juan Villar, director deportivo do club, reivindicou que son “un equipo de canteira”. Tamén declarou que “ningunha das dúas plantillas está pechada”. De feito, buscan “dúas centrais” no equipo feminino e “un colocador” no masculino.

Miguel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, lembrou que van “axudar en todo” e deu “as grazas por colocar a Lugo na elite”. 

Pola súa banda, Pablo Rivera, Deputado de Deportes da Deputación de Lugo, explicou que o Emevé “é un orgullo para a provincia” e estará ao seu “carón dende o punto de vista económico e de calquera outro”.

O equipo feminino comezou os adestramentos o martes 27 de agosto e o equipo masculino iniciará o traballo o luns 3 de setembro.

O equipo feminino xogará os partidos como local no pavillón municipal os sábados ás cinco da tarde, salvo a derradeira xornada, que erá en horario unificado ás seis. 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...