InicioLugo e contornaLugoXuntanza entre feirantes e Lara Méndez para buscar solucións ás casetas do...

Xuntanza entre feirantes e Lara Méndez para buscar solucións ás casetas do San Froilán

"A reunión, que se desenvolveu nun clima cordial e de entendemento, posibilitou o intercambio de pareceres", din desde o concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa da cidade de Lugo, Lara Méndez, mantivo unha reunión cos feirantes a petición do sector co fin de “procurar solucións” para que poidan retomar a súa actividade.

Este encontro produciuse no medio da polémica das festas de San Froilán, na que se suprimiron as casetas do polbo e pende dun fío que se instalen barracas ante a negativa do BNG, que leva a área de Cultura, por motivos de seguridade debido á pandemia pola Covid.

Nun comunicado de prensa, o Concello de Lugo aclara que o encontro se produciu “a instancias das peticións do sector co fin de procurar solucións para que se puidese compatibilizar”. “E esa era nosa vontade, a necesidade que teñen de retomar a súa actividade e a dinamización económica do municipio coa seguridade e a saúde pública que é nosa principal preocupación”, abunda.

Neste contexto, a rexedora lucense puntualizou que “a reunión, que se desenvolveu nun clima cordial e de entendemento, posibilitou o intercambio de pareceres entre as expectativas dos empresarios e as restricións de aforamento que impón a normativa autonómica”. “Tratando de buscar alternativas que concilien o seu dereito a traballar cos medios e as dotacións das que dispomos as administracións para velar porque isto suceda sen contravenir os protocolos Covid en vigor”, matizou.

ANÁLISE

Lara Méndez avanzou tamén que o executivo “analizará as propostas do colectivo”. “Coa meta, como fixemos noutras ocasións, como puido ser co Caudal Fest durante o Arde Lucus ou coa celebración de numerosas probas deportivas na cidade, de ir recuperando a normalidade, que é tan necesaria para a recuperación dos concellos desde o punto de vista económico e social”, destacou.

As festas patronais de Lugo celebraranse do 4 ao 12 de outubro, e entre outras actuacións inclúense ás ‘Drogas’, ex vocalista de Barricada; o grupo Verbena Galega D’Antes e Jenny and the Mexicats.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...