InicioSociedadeLugo confirma case 100 novos positivos e incrementa os casos activos

Lugo confirma case 100 novos positivos e incrementa os casos activos

Nas últimas horas unha persoa saíu da UCI, que queda con sete ingresadas. En Unidades Convencionais mantéñense 30 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade este mércores (e que se corresponden con información solicitada ata as 18,00 horas do martes) reflicten unha repunta nos contaxios de Covid-19 en Galicia, con crecemento en todas as áreas, especialmente na de Vigo, onde os novos casos detectados son máis do dobre que os do día anterior.

Así, nas últimas horas rexistráronse en Galicia 597 contaxios (fronte aos 404 detectados 24 horas antes), aínda que o número total de casos activos descendeu, de 13.076 a 12.730 (346 casos activos menos). Concretamente na área sanitaria de Lugo confirmáronse 98 contaxiados nas últimas horas (25 máis), e os casos activos subiron lixeiramente ata os 1.344 (14 máis).

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas non se produciron variacións substanciais. Hai unha persoa menos en Coidados Intensivos, de maneira que se manteñen 7; e 30 seguen ingresadas en Unidades Convencionais.

No balance feito público este mércores, Sanidade notificou que a taxa de positividade das probas PCR descendeu ao 9%. No entanto, segue estando moi por encima do 5 % que fixa a OMS como límite para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...