InicioSociedadeO CGPJ mantén o reforzo da sección civil da Audiencia Provincial de...

O CGPJ mantén o reforzo da sección civil da Audiencia Provincial de Lugo

A media de entrada de asuntos excedeu o indicador do CGPJ nun 155 % no primeiro trimestre de 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aprobou manter, polo menos ata final de ano, o reforzo na sección primeira da Audiencia Provincial de Lugo, consistente nunha comisión de servizo, sen relevación de funcións, a favor de Sandra María Piñeiro Vilas, titular do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada asumirá entre 12 e 15 relatorios ao mes en materias que non sexan cláusulas solo. A sección primeira, ademais, conta con outra comisión de servizo, sen relevación de funcións, a favor de José Luís Deaño Rodríguez, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo.

O informe elaborado polo Servizo de Inspección do CGPJ revela que a media de entrada de asuntos da sección excedeu o indicador do CGPJ nun 164%, en 2019; nun 126%, en 2020; e nun 155 %, no primeiro trimestre de 2021. Por outra banda, o rendemento medio deste órgano foi do 111%, en 2019; do 125%, en 2020; e do 122%, no primeiro trimestre de 2021.

O nivel de pendencia da sección, a 31 de marzo deste ano, foi de 825 asuntos, superior á media de Galicia (532), pero inferior á estatal (835). O tempo de resposta nesa data situouse en 10,67 meses, superior á media galega (6,6) e á estatal (7,6). Nesa data o órgano non tiña asuntos sen incoar e contaba con 27 sentenzas pendentes de ditar, 19 de menos de tres meses de antigüidade; sete, de entre tres e seis meses; e unha, de máis de seis meses.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...