InicioA UlloaA Deputación de Lugo sortea 4.500 'Bonos Impulso'

A Deputación de Lugo sortea 4.500 ‘Bonos Impulso’

Entregará de maneira directa un bono ás 761 persoas que figuran en lista de espera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo sorteará este venres mais de 4.500 ‘Bonos Impulso’ entre as persoas que xa son beneficiarias deste programa. Así o anunciou o presidente do ente provincial, José Tomé Roca, nun acto público no Pazo de San Marcos onde se realizará un sorteo e escollerase unha letra ao azar que marcará o apelido a partir do que se iniciará a entrega, de maneira correlativa, de bonos excedentes do programa.

Así mesmo, a institución provincial entregará de maneira directa un bono ás 761 persoas que figuran en lista de espera debido a que nos seus concellos se rexistraron máis solicitudes que bonos dispoñibles.

En concreto nos concellos de Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Negueira de Muñiz, O Páramo, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Triacastela e Vilalba.

Doutra banda, a Deputación impulsará actuacións para restaurar unhas sete hectáreas de turbeira da Serra do Xistral, no marco do proxecto ‘LIFE in Common Land’.

A iniciativa foi acordada coa comunidade veciñal de montes da Balsa, en Muras, e busca recuperar unha zona degradada coa plantación de masas arboradas a mediados do século pasado.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...