InicioCulturaA Deputación destina 12.000 euros ao impulso do máster 'Dirección de Persoas...

A Deputación destina 12.000 euros ao impulso do máster ‘Dirección de Persoas Paulo Fabio’

Tomé enmarcou esta colaboración na liña de promover "Lugo como un destino universitario".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o secretario da Fundación Campus Universitario de Lugo, Jaime Luís López Vázquez, renovaron o convenio para o financiamento dos gastos derivados do master ‘Dirección de Persoas Paulo Fabio’, que conta cunha achega de preto de 12.000 euros por parte da institución provincial.

Esta proposta impártese na Escola de Relacións Laborais e permite dotar o alumnado de competencias en Dirección de Recursos Humanos. A oferta está dirixida especificamente a titulados universitarios e alumnos matriculados en 3º Grao que queiran completar os seus estudos.

Tomé enmarcou esta colaboración no “compromiso” da institución en materia educativa como “o mellor investimento de futuro” e na liña de promover “Lugo como un destino universitario”.

+ posts

ÚLTIMAS

Acordo entre Xunta e Clúster da Saúde para reforzar a biotecnoloxía galega até 2027

A Xunta de Galicia e o Clúster da Saúde de Galicia asinaron en Lugo...

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...