InicioSociedadeLugo suma 135 novos contaxios e aumenta a presión hospitalaria

Lugo suma 135 novos contaxios e aumenta a presión hospitalaria

Dúas persoas máis están ingresadas en unidades convencionais e seis mantéñense na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia mantén os contaxios de Covid-19 por encima do milleiro por terceiro día consecutivo, tras iniciar esta semana por baixo, aínda que cun lixeiro descenso a 1.018; mentres que os casos activos descenden a 18.195. Por contra, os pacientes hospitalizados ascenden a 308 –seis máis– e a taxa de positividade repunta a un 13,5 por cento.

Concretamente na área de Lugo, segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do xoves, a presión hospitalaria increméntase ao manter seis pacientes Covid en UCI e aumentar a 31 os ingresados noutras unidades –dous máis–. Pola súa banda, os casos activos descenden en 15 ata situarse nos 2.156 persoas infectadas. Na última xornada o Sergas rexistrou un total de 135 contaxios.

No conxunto de Galicia foron confirmados 1.011 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 92 menos que o día anterior, dos cales 395 corresponden á área da Coruña e Cee; 176, á de Vigo; 97, á de Pontevedra e O Salnés; 96, á de Santiago e Barbanza; 62, á de Ferrol; e 50, á de Ourense.

En canto á taxa de positividade das PCR, ascende a un 13,54 por cento despois de baixar a un 12,9% o día anterior tras repuntar a un 15% o mércores, caer a un 12% o martes e iniciar esta semana cun repunte do 14,98%. Así, Galicia segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai catro semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...