InicioSucesosLugo rexistra o mesmo número de mortos este xullo que o do...

Lugo rexistra o mesmo número de mortos este xullo que o do ano pasado

No que vai de ano morreron xa seis persoas nas estradas da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia pechou o pasado mes de xullo cun descenso na sinistralidade viaria, con catro mortos en catro accidentes de tráfico, fronte ás 14 vítimas en 13 sinistros no mesmo período de 2020.

Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico, recollidos por Europa Press, a redución de vítimas mortais foi dun 71,4 por cento, con dez menos, e unha caída da sinistralidade mortal dun 69,2%, con 9 accidentes menos.

Por provincias, a da Coruña rexistrou un descenso menor, ao acabar xullo con 3 falecidos en tres accidentes, unha vítima menos que en 2020 (-25%); seguida da de Ourense, cun morto nun sinistro; un menos (-50%).

Pola súa banda, a provincia de Lugo non tivo vítimas mortais o pasado mes de xullo –contabilizou unha o mesmo mes do ano pasado– e a de Pontevedra tampouco rexistrou ningunha, fronte ao sete do ano anterior.

En canto ao tipo de accidentes, dous do catro foron saídas de vía e un, un atropelo, segundo os datos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico. En relación á idade das vítimas mortais do pasado mes de xullo na rede viaria galega, dúas tiñan entre os 25 e 34 anos; unha entre 15 e 24; e outra era maior de 65 anos.

SETE MESES

No que vai de ano faleceron 39 persoas en accidentes na rede viaria galega, delas 18 na provincia da Coruña; 10 na de Pontevedra; seis na de Lugo; e cinco na de Ourense.

Deste xeito, entre xaneiro e xullo de 2021 faleceron 43 persoas en 39 accidentes mortais; fronte ás 35 vítimas en 33 sinistros no mesmo período de 2020.

ÚLTIMAS

Interceptados en Lugo tres condutores de patinetes que circulaban baixos os efectos do alcol e as drogas

A Policía Local de Lugo reforzou nos últimos días a vixilancia sobre os Vehículos de Mobilidade...

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...