InicioLugo e contornaLugoO sospeitoso do crime Cash Rercord, un "confidente" da Policía?

O sospeitoso do crime Cash Rercord, un “confidente” da Policía?

As declaracións polo caso retomaranse en setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dobre crime do Cash Record de Lugo segue agardando resposta. Respostas que non chegan desde hai 24 anos e que a familia agarda atopar coa reapertura do caso.

Con todo, xa teñen un sospeitoso. Isabel López, a irmá da caixeira asasinada, apunta a un hostaleiro que tiña un negocio no centro de Lugo e que agora reside en Burgos. “É o que nós sempre cremos que están a encubrir porque mobilizaba moitas cousas no seu negocio. Poderíano estar a encubrir”, dixo este luns.

De feito, vai máis aló e non descarta que o principal sospeitoso para as dúas familias fora un “confidente” da policía. “Por iso non interesa que compareza e parece que ao mencionalo a el, a xente ponse nerviosa”, indicou. “El debe de saber moitas cousas e teñen medo de que saia todo á luz”, engadiu.

O Xulgado de Primeira Instancia Número 1 decidiu ampliar e prorrogar a investigación até setembro. Ese mes haberá un novo interrogatorio a dous axentes da Policía Nacional. Son os axentes aos que aludiu un garda civil na súa declaración ante o xuíz.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...