InicioLugo e contornaLugoA irmá dunha das vítimas do crime irá a declaración do sospeitoso...

A irmá dunha das vítimas do crime irá a declaración do sospeitoso para “mirarlle aos ollos”

"Quero poñerlle cara", di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Isabel López, irmá dunha das vítimas do dobre crime do Cash Record situado no polígono industrial do Ceao, en Lugo, anunciou que mañá acudirá á declaración do principal sospeitoso para mirarlle a “os ollos de fronte”.

A titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo chamou a declarar a este home este martes a partir das 10,30 horas. Trátase dun hostaleiro que reside en Burgos e que no momento dos feitos, en abril de 1994, rexentaba o bar Los Ángeles na rúa Nova.

A irmá de Elena López, a caixeira asasinada neste dobre crime, adiantou a súa intención de acudir á sede xudicial: “Ou me cambia moito a idea de aquí a mañá, que non creo, pero vou ir porque sempre dixen que quería porlle cara” ao principal sospeitoso, do que as familias sempre desconfiou.

“Quero estar cedo nos xulgados para ver se logro velo e que me vexa el a min tamén”, deslizou Isabel López, aínda que matizou que non estará na propia declaración, porque “só poderá estar o avogado“, pero acudirá aos exteriores.

Neste contexto, a irmá da vítima, quen asumiu a custodia dos fillos da falecida, ten claro que a declaración pode “ser definitiva” para a imputación final deste hostaleiro que xa protagonizaría por aquel entón, en 1994, outros delitos.

“Mañá si que se pode resolver algo máis”, concluíu Isabel, precisamente a muller que se topou cos cadáveres da súa irmá, a caixeira Elena López, e do reponedor, Esteban Carballedo, pouco despois das 20,00 da tarde do 30 de abril de 1994.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...