InicioPolíticaO PP de Lugo: "A Deputación é incapaz de xestionar os fondos...

O PP de Lugo: “A Deputación é incapaz de xestionar os fondos europeos”

Os populares móstranse "preocupados" pola "parálise" do órgano administrativo: "Debe liderar, algo que non ocorre a día de hoxe", sinalan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo mostrouse “preocupado” pola “parálise” demostrada por parte do Goberno provincial dirixido por José Tomé, ao que ven “incapaz de xestionar os fondos europeos e liderar a reactivación económica da provincia”.

Así llo fixo saber o grupo provincial á presidenta do partido en Lugo, e deputada autonómica, Elena Candia, coa que se reuniron “no marco dos seus frecuentes e periódicos encontros para avaliar a situación política en Lugo e analizar as mellores iniciativas para a provincia”, tal e como sinalaron nun comunicado. Candia expresou o “total respaldo” do partido aos deputados provinciais e puxo en valor “a unidade e firme determinación da organización de recuperar o goberno da Deputación”.

Pola súa banda, o portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, explicou que o PP fai “todo o posible” por participar na saída da crise. “Así o fixo no momento máis complicado da crise sanitaria, mentres o goberno da Deputación chegaba tarde a practicamente todo. Non estableceu axudas para a recuperación económica do tecido produtivo lucense, algo que desde o partido popular tentamos reiteradamente”, sinalou.

Non hai capacidade para xestionar os fondos Next Generation de reactivación e resiliencia. A Deputación, tamén nisto, vai moi por detrás do resto de administracións, tanto da autonómica, que leva moitos meses traballando eficazmente, como doutras deputacións que teñen avanzados diferentes plans”, destacou Castiñeira, que remarcou que a Deputación debe “liderar, algo que non ocorre a día de hoxe”.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...