InicioComarca da FonsagradaUn parque eólico asturiano pode pór en risco especies animais en perigo...

Un parque eólico asturiano pode pór en risco especies animais en perigo de extinción en Lugo

A entidade Ecoloxistas en Acción súmase á protesta da Plataforma Veciñal Stop Eólicos Negueira contra a construción do parque eólico de Valvater na fronteira con Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción súmase ás protestas da Plataforma Veciñal Stop Eólicos Negueira para impedir a agresión ambiental que implicaría a construción dun parque eólico proxectado polo Principado de Asturias. O proxecto inclúe os concellos asturianos de Ibias, Allande, Grandas de Salime e Pesoz, que limitan co concello lucense de Nogueira de Muñiz.

O proxecto pode ter implicacións para Galicia, pois sitúase a 2 km da fronteira, afectando así a especies incluídas no catálogo galego como a aguia real, cuxo voo se estende pola zona. Dende a entidade ecoloxista apuntan que “o proxecto pode ter consecuencias negativas sobre o conxunto de animais da montaña lucense ao actuar como efecto limítrofe e fracturante do corredor ecolóxico cantábrico“, o que impide a recuperación de especies en perigo de extinción.

A zona prevista para a construción do parque eólico ten un alto valor ecolóxico e pertence á Rede Natura 2000, polo que os ecoloxistas advirten dos graves prexuízos sobre a biodiversidade da zona. O proxecto pode ter consecuencias negativas sobre diferentes especies como a pita do monte, en perigo crítico de extinción, ou oso pardo, tendo ambas plans de recuperación en Asturias.

Ademais, pode perigar a presenza doutras especies de escasa distribución como o Voitre do Exipto, o furapresas, o peto mediano ou especies de anfibios e réptiles como a largartixa da serra. Estas especies están incluídas no catálogo rexional de especies ameazadas de Asturias.

O voceiro de Ecoloxistas en Acción, Alberto Riveiro, solicita “amplitude de miras e ambición ambiental na defensa da biodiversidade non só ao goberno do Principado de Asturias, senón  tamén ao da Xunta de Galicia”, pois as especies en perigo de extinción “deben ter un apoio institucional non só protexendo o hábitat actual, senón protexendo tamén o hábitat da súa área de distribución para garantir unha recuperación real destas especies“

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...