InicioEconomíaDistribuidores de Lugo volven reclamar axudas á Xunta ante a caída da...

Distribuidores de Lugo volven reclamar axudas á Xunta ante a caída da facturación

A Asociación de Distribuidores de Lugo demandan una liña de apoio para o sector, que dá traballo a case 600 persoas de maneira directa e que conta con 200 empresas de provedores en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Distribuidores de Lugo (ADISLUGO), Eloy García, volveu reclamar “axudas directas” á Xunta para paliar a situación que vive o sector pola pandemia. O empresario lucense advertiu da caída de facturación que rexistrou ao sector, de “entre un 40 e un 60 por cento” desde o 14 de marzo do pasado ano ata a mesma data deste 2021.

García constatou que levan “varios intentos” para que o Goberno galego abra unha liña de apoio e trasladaron “un par de propostas neste sentido” que finalmente non foron respondidas. Son máis de 70 empresas as que operan en Lugo neste sector “con 500 empregos directos, rozando os seiscentos, e outras duascentas empresas de provedores” que traballan con ADISLUGO.

Por todo iso Eloy García demandou da Xunta que colabore cunha liña de apoio co fin de evitar tamén o despedimento de moitos dos traballadores da distribución na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...