InicioSociedadeLugo repunta ata os 215 casos nun día no que se detectaron...

Lugo repunta ata os 215 casos nun día no que se detectaron 17 positivos novos

A presión hospitalaria descende moi lixeiramente, ao contarse 15 pacientes ingresados (-1)

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 28 de abril un total de 215 casos activos, once máis ca na xornada anterior, o que supón un aumento considerable logo de varias xornadas de estabilización desta cifra. Nas últimas 24 horas confirmáronse 17 positivos novos a través de PCR.

En cambio, mellora un chisco a situación nos hospitais, con 15 persoas ingresadas (-1): catro na Uci do Hula e once en planta (cinco no Hula, un na Mariña e cinco en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, o Sergas notificou o falecemento de 213 persoas diagnosticadas con Covid-19 na provincia de Lugo. Curáronse 11.974 pacientes e practicáronse 222.962 probas PCR.

GALICIA

A nivel galego, os novos contaxios detectados na última xornada aumentaron a 196, mentres que a presión hospitalaria aliviouse ao descender en 13 os pacientes ingresados por este coronavirus ata os 207. Os casos activos aumentaron lixeiramente de novo a 3.048. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...