InicioSociedadeContinúa á alza o número de pacientes Covid hospitalizados na provincia

Continúa á alza o número de pacientes Covid hospitalizados na provincia

Sanidade notifica 204 casos activos de coronavirus, os mesmos ca o día anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estabilidade no número total de casos activos por coronavirus na área de Lugo. Segundo o último balance de datos de Sanidade, son 204, os mesmos ca onte. Nas últimas 24 horas detectáronse 13 novos positivos a través de PCR, unha cifra lixeiramente superior á da xornada anterior.

Con todo, segue en aumento a presión asistencial nos hospitais da provincia, que hoxe atenden 16 pacientes (+1). Deles, catro permanecen na Uci do Hula e outros doce están en planta (6 no Hula, 2 na Mariña, 4 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, faleceron 213 persoas diagnosticadas de Covid-19 na provincia de Lugo, curáronse 11.965 e realizáronse 222.226 probas PCR.

GALICIA

Tendencia semellante é a que se experimenta no conxunto da comunidade galega, onde se mantén a tendencia á alza na presión hospitalaria (220 pacientes, o que son seis máis). Á súa vez, os casos activos volven incrementarse lixeiramente, pero os novos contaxios detectados caen. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...