InicioSociedadeSoben os ingresos por Covid en Lugo a pesar de estabilizarse o...

Soben os ingresos por Covid en Lugo a pesar de estabilizarse o número de casos

Catro persoas permanecen na Uci e outras once están a ser atendidas en planta (+2)

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 26 de abril un total de 204 casos activos de coronavirus, dous menos ca os notificados na xornada anterior polo Sergas. Tamén baixan lixeiramente o número de novos positivos detectados a través de PCR nas últimas 24 horas e sitúanse así en 8.

Porén, medra a cifra de pacientes hospitalizados por Covid ao pasar de 13 a 15. Deles, 4 permanecen na Uci do Hula e os outros 11 están a ser atendidos en planta (5 no Hula, 3 na Mariña e outros 3 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia faleceron 213 persoas diagnosticadas con coronavirus en Lugo, curáronse 11.951 e fixéronse 221.745 probas PCR.

GALICIA

Na comunidade galega tamén repuntan os ingresos por Covid-19 ata os 214 (+10) mentres que os novos contaxios caen por baixo dos 200 ata os 141. Os casos activos descenden lixeiramente despois de cinco xornadas consecutivas con tendencia á alza. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...