InicioSociedadeA área lucense só suma catro novos casos, pero as Uci atenden...

A área lucense só suma catro novos casos, pero as Uci atenden un paciente máis

Galicia experimenta unha lixeira baixada de positivos activos tras once días de subas consecutivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 20 de abril un total de 203 casos activos de coronavirus, dous menos ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas só se confirmaron catro novos positivos a través de PCR.

Porén, a presión hospitalaria aumentou lixeiramente, ao pasar de 11 a 12 ingresados. Deles, catro están na Uci do Hula (+1) e os outros oito están repartidos nas plantas dos tres hospitais (4 no Hula, 3 na Mariña, 1 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, o Sergas notificou o falecemento de 212 persoas diagnosticadas de Covid na área lucense. Curáronse 11.872 e realizáronse 217.476 probas PCR.

GALICIA

No conxunto galego, experiméntase unha lixeira baixada de casos activos logo de once días consecutivos de incrementos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...