InicioDeportesO Club Deportivo Lugo presentou ás súas últimas fichaxes

O Club Deportivo Lugo presentou ás súas últimas fichaxes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O lateral dereito Borja San Emeterio, o mediocentro Giorgi Aburjania e o extremo José Carlos Lazo foron presentados como novos xogadores do Club Deportivo Lugo.

Borja San Emeterio asina por tres tempadas. Afirmou que a súa elección “foi sinxela dende o primeiro intre”. Definiu ao Lugo como un equipo “contrastado en Segunda, moi bos anos, moi bo fútbol”, polo que foi “moi sinxelo decantarse por este proxecto”.

Contestou que se atopa “máis a gusto como lateral dereito”, pero “por circunstancias” tamén xogou como central, lateral esquerdo e mediocentro.

Declarou que os compañeiros recibírono “cos brazos abertos”. “Faláranme moi ben deste vestiario e corrobóroo”, comentou.

O seu obxectivo é “seguir medrando a nivel persoal e axudar ao equipo o máximo posible”.

Pola súa banda, Giorgi Aburjania, que chega cedido polo Sevilla Atlético con opción de compra, quixo “agradecer a confianza a Emilio (Viqueira) e ao presidente”. Subliñou que Viqueira, director deportivo albivermello, é “a persoa máis chave da miña carreira”. “Non o dubidei”, declarou. Calificou de “proxecto ambicioso” o do Lugo.

O internacional xeorxiano resaltou que o vestiario acolleuno “moi ben”.

Aburjania asegurou que na selección xoga máis como mediocentro “defensivo”, pero gústalle “máis un oito, máis ofensivo, ter balón e chegar ao área”.

O Lugo resérvase unha opción de compra a final de tempada. “Gustaríame quedar aquí”, respondeu con rotundidade.

Por último, José Carlos Lazo, que chega cedido procedente do Getafe C.F., afirmou que a “principal” razón de fichar polo Lugo é que “é Segunda”. Asegurou que é “un gran club”. “Non o pensei, a decisión foi clara”. Adiantou que ven “con moitas gañas, moita ilusión” e quere “seguir aprendendo dos mellores”. Explicou que nos seus primeiros adestramentos como albivermello sinte “boas sensacións”.

O extremo formado no Real Madrid contestou que xogou “máis veces en esquerda”.

Lembrou que “o ritmo é máis forte” nos adestramentos do Lugo que nas súas etapas previas en clubes de Segunda B.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...