InicioSociedadeA área de Lugo bota o freno con só 3 contaxiados na...

A área de Lugo bota o freno con só 3 contaxiados na última xornada

O descenso, con todo, coincide cunha baixada das probas realizadas polo Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes ingresados con covid-19 nos hospitais galegos descenderon lixeiramente ata os 210, dous menos que 24 horas atrás. Deles, 180 están en planta –dous menos– e 30 en unidades de coidados intensivos –os mesmos–. A baixada dos ingresados prodúcese nunha xornada na que tamén caeron os casos activos da enfermidade, ata o total de 2.223, que son 83 menos que un día atrás; e os novos contaxios detectados, ao sumarse 108 positivos, despois dos 154 do día antes.

Aínda que, a priori, estas cifras semellan dar conta dunha mellora na situación sanitaria, hai altas probabilidades de que os descenso rexistrado polo Sergas se deba, máis ben, á baixada dos esforzos da propia Consellería de Sanidade á hora de rexistrar o impacto da pandemia. De aí que a taxa de positividade –é dicir, que porcentaxe de persoas sometidas ás probas dan positivo– se incrementara novamente. A cifra está aínda por debaixo do limiar de ‘control’ ditaminado pola OMS pero supón un incremento con respecto ás últimas semanas.

DATOS DE LUGO

Mentres que a presión hospitalaria subiu en catro das 7 áreas sanitarias, na de Lugo-A Mariña-Monforte rexistrouse un descenso dos hospitalizados; xa que os críticos se mantiveron en dous pero os de unidades convencionais diminuíron ata 8 –tres menos–. O mesmo acontece cos casos activos, que soben en Compostela e Barbanza pero descenden en 23 ata 139 da provincia lucense. A área sanitaria de Lugo só rexistrou 3 novos contaxios nas últimas 24 horas. 

REPUNTA A TAXA DE POSITIVIDADE

Ata a data da última actualización de datos, Galicia levou a cabo 1.863.866 PCR, tan só 2.222 entre as 18,00 do xoves e as 18,00 do venres –fronte ás máis de 5.000 das 24 horas previas–. No relativo á taxa de positividade, subiu ata o 3,3%, pero aínda continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia pola Covid-19 faleceron en Galicia 2.344 persoas diagnosticadas con este coronavirus, despois de que ao longo do venres Sanidade non notificase ningunha nova vítima. En canto aos curados, subiron ata as 112.878 persoas, o que implica que nas últimas 24 horas deuse o alta a 191 pacientes.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...