InicioSociedadeComeza a funcionar o agardado cuarto Xulgado do Social en Lugo

Comeza a funcionar o agardado cuarto Xulgado do Social en Lugo

Ponse en marcha con oito funcionarios, ademais do letrado da Administración de Xustiza e do propio xuíz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O cuarto Xulgado do Social comezou este mércores a funcionar en Lugo, segundo confirmou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, quen afirmou que a súa creación e posta en marcha é sen dúbida unha “gran noticia” para esta provincia, dado que as tres unidades que estaban a funcionar neste momento soportaban cargas de traballo do 150% e a citación de determinadas causas demorábase mesmo dous anos.

“Penso que estamos de parabéns, porque esta é a segunda gran noticia para Lugo nesta semana, que comezaba o luns coa estrea, por fin, da nova sede do Instituto Nacional de Estatística” nun “edificio histórico, o antigo Sanatorio García Portela”.

Isabel Rodríguez agradeceu o apoio do ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, porque incluíu a creación deste cuarto Xulgado do Social en Lugo dentro do “Plan de Actuación de Medidas Urxentes contra a Pandemia”.

A subdelegada explicou que, coa creación desta nova unidade xudicial, “o Ministerio atende a unha necesidade xerada pola acumulación de procedementos da xurisdición social, unha das que soporta unha maior carga de traballo, agudizada ademais polos procedementos suspendidos durante os meses nos que foi decretado o primeiro estado de alarma”.

DEMORA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hai uns días a sede do novo Xulgado do Social en Lugo, en compañía do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde.

“Tiña que estar en funcionamento o ano pasado. Recordo que tanto o TSXG como a Xunta de Galicia, na comisión mixta, pedimos que este Xulgado entrase en funcionamento. Inexplicablemente, naquel momento, o Ministerio de Xustiza dixo que non. Alégrome da rectificación”, dixo o vicepresidente do goberno galego.

Rueda tamén precisou que o xulgado que comezará a funcionar con oito funcionarios, ademais do letrado da Administración de Xustiza e do propio xuíz. Para facerlle sitio á nova unidade xudicial houbo que trasladar o Xulgado de Menores, o que obrigou a realizar unha reordenación de espazos na sede xudicial de Lugo.

O goberno galego destinou máis de 32.000 euros á dotación de mobiliario e de equipamento informático, ademais de investir 850.000 euros na posta en marcha deste xulgado, xunto co número 7 do Social de Vigo e o número 7 da Coruña.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...