Home A Ulloa Baixan os casos activos na provincia, aínda que hai unha hospitalización máis

Baixan os casos activos na provincia, aínda que hai unha hospitalización máis

0
Baixan os casos activos na provincia, aínda que hai unha hospitalización máis
Corredor de hospital | Sergas

A área sanitaria de Lugo rexistra un leve descenso de casos activos e novos positivos de coronavirus este martes 30 de marzo. Segundo datos do Sergas, nas últimas 24 horas confirmáronse só tres contaxios a través de PCR, e o número total de pacientes con infección activa mingua ata os 168 (7 menos ca na xornada anterior).

Porén, aumenta o número de hospitalizacións: 14 (+1). Delas, 2 son na Uci e 12 en planta (8 no Hula, 1 na Mariña, 3 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, Sanidade notificou 211 falecementos na provincia lucense, 11.647 persoas curadas e 205.349 probas PCR realizadas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here