InicioSociedadeIncremento de casos e novos positivos no inicio da Semana Santa

Incremento de casos e novos positivos no inicio da Semana Santa

No conxunto da comunidade galega, as repuntas tamén afectan ao número de hospitalizacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra unha suba de casos activos e novos positivos de coronavirus no comezo da Semana Santa. Segundo datos do Sergas, nas últimas 24 horas confirmáronse 18 contaxios máis a través de PCR, e o número total de pacientes con infección activa sobe ata os 175 (13 máis ca na xornada anterior).

Nos hospitais a situación continúa estable, con 13 ingresos: 2 na Uci e 11 en planta (7 no Hula, 1 na Mariña e 3 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, Sanidade notificou 211 falecementos na provincia lucense, 11.637 persoas curadas e 205.024 probas PCR realizadas.

GALICIA

Tamén Galicia sofre unha repunta, mesmo na cifra de hospitalizados. Os pacientes Covid hospitalizados en Galicia subiron en seis ata os 206, mentres os novos contaxios ascenden a 133 e os casos activos ata os 2.327. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...