InicioCulturaTeatro e cultura como terapia para 'Saír por un intre' da prisión...

Teatro e cultura como terapia para ‘Saír por un intre’ da prisión de Monterroso

O Centro Penitenciario e a área de Cultura da Deputación colaboran agora neste proxecto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A función terapéutica da cultura faise un oco no cárcere de Monterroso. Alí levarase a cabo o proxecto de teatro ‘Saír, por un intre’, coa colaboración do Centro Penitenciario e a área de Cultura da Deputación de Lugo.

A actividade comezou a programarse no ano 2016 na unidade terapeútica, un módulo específico no que se traballa coas persoas no abondono do consumo de drogas. A vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro, destaca que o proxecto “dá a oportunidade de incrementar o acceso á cultura para a poboación reclusa, con todo o que iso aporta ao desenvolvemento integral da persoa”.

“Acreditamos na cultura como dereito, como ferramenta de transformación social, con capacidade para educar, para xenerar experiencias vitais gratificantes e establecer vínculos e canles de comunicación entre as persoas”, engadiu. Así mesmo,  lembrou o compromiso que deben ter as administracións públicas coas persoas internas porque “non debemos esquecer que a finalidade das penas de privación de liberdade é reinserción e a reeducación”,  argumentou.

O proxecto teatral “Saír, por un intre adiante” enmárcase no Plan de Animación Sociocultural que desenvolve a asociación Aliad Ultreia en colaboración co Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC. Tras catro anos de actividade voluntaria, a continuidade e a consolidación do proxecto, que tivo desde o inicio unha moi boa acollida tanto por parte das persoas internas como do equipo terapéutico, requería do financiamento que agora achega a área de Cultura.

FUNCIÓN PARA OS FAMILIARES

O obradoiro, que se desenvolverá de outubro a xaneiro durante dúas horas á semana, xirará en torno ao xogo e a imaxinación, fomentando unha actitude positiva fronte á adversidade.  Na actividade participarán profesionais doutras disciplinas como a música ou os títeres para que a montaxe fique o máis completa posibles tecendo así unha rede cultural e interdisciplinar.  Está prevista tamén unha mostra final do espectáculo no salón teatro do centro penitenciario ao que acudirán os familiares dos internos.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...