InicioSociedadeO cribado no Campus Terra remata sen ningún positivo, pero cunha participación...

O cribado no Campus Terra remata sen ningún positivo, pero cunha participación por baixo do 60%

O Sergas convocara 3.483 estudantes entre o luns e o martes, dos cales só asistiron 1.991.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas rematou onte o cribado universitario que realizou no Campus de Lugo (Santiago de Compostela) durante o luns e o martes. Estaban citados 3.483 alumnos nestas dúas xornadas, dos cales acudiron 1.991. Todos os resultados deron negativo en coronavirus.

Segundo explicou o xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico, a porcentaxe de asistencia foi do 57,5%. As mostras foron tomadas na Facultade de Veterinaria, lugar ao que se desprazaron equipos sanitarios para efectuar tests de antíxenos e procurar posibles positivos asintomáticos no inicio da actividade lectiva presencial.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...