InicioSociedadeA Xunta informa doutra vítima con covid no HULA

A Xunta informa doutra vítima con covid no HULA

Trátase dun home de 86 anos falecido o domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias confirmaron este luns 14 novos falecidos con covid-19, o que eleva a 2.252 o total de vítimas da pandemia na comunidade galega.

Deste catorce novas mortes, só unha é deste luns, en concreto un home de 67 anos que se atopaba ingresado no Hospital Quirón Saúde da Coruña. O resto foron falecidos rexistrados desde o venres, pero todos eles presentaban patoloxías previas.

Un deles era unha muller de 89 anos na residencia A Milagrosa da Coruña, o pasado día 26. Ao día seguinte, faleceron dúas mulleres de 90 e 95 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, outra de 86 no CHUAC e un home de 95 anos na residencia A Milagrosa da Coruña.

domingo, pola súa banda, faleceu unha muller de 90 anos no Chuvi, outra de 83 no Complexo Hospitalario de Santiago, un home de 86 no Hula, outro de 89 no CHUF; unha muller de 81 anos na residencia CEGADI; outra de 83 no CHUO; un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira; e outro home de 71 anos no CHOP.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...