Home Lugo e contorna Lugo VÍDEO | Á intemperie: sobrevivir nas rúas no medio de temporais de choiva ou frío

VÍDEO | Á intemperie: sobrevivir nas rúas no medio de temporais de choiva ou frío

0
VÍDEO | Á intemperie: sobrevivir nas rúas no medio de temporais de choiva ou frío
Jesús vive nas rúas de Lugo | LX

Poder comer ou poder durmir cada día son desafíos diarios das persoas sen fogar. Esta situación complícase cando teñen que levar a cabo estas actividades durante unha situación metereolóxica extrema como son os temporais.

A pasada fin de semana, o temporal Karim deixou danos por toda a comunidade galega. As grandes choivas, que provocaron varias inundacións e o desbordamento de diversos ríos así como os fortes ventos, que deron lugar a caídas de árbores e outras incidencias, afectaron de maneira directa ás persoas que non teñen un teito que lles protexa.

Jesús, unha persoa que vive nas rúas de Lugo, contounos que, debido a que leva bastante tempo vivindo nesta situación, xa coñecía un lugar onde non estar á intemperie e abrigarse do temporal, mais non conseguiu pegar ollo durante a noite debido ao medo que sentiu ao escoitar caer algunhas lousas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here