InicioSociedadeRábade sobe a nivel 2 de restricións de mobilidade

Rábade sobe a nivel 2 de restricións de mobilidade

A Pobra do Brollón, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade e Sober poderán moverse fóra da área sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou este martes de que as medidas de mobilidade que entrarán en vigor a partir do próximo venres e que sairán publicas no Diario Oficial de Galicia nas próximas horas afectan a 116 concellos de maneira máis firme. Pero A Pontenova xa non terá restricións máximas tras mellorar os datos de incidencia. Pasa ao nivel 2.

En concreto, Galicia parte con 10 concellos pechados, porque superan os 500 casos por 100.000 habitantes; outros 28 terán mobilidade só entre eles (entre 250 e 500, independentemente da área sanitaria que presente esa situación); e un total de 78 terán dobre restrición de mobilidade: só poderán moverse a outros concellos que teñan a mesma incidencia (250-500) e que estean na súa mesma área sanitaria (ou Pontevedra-Salnés, ou Ferrol ou A Coruña).

En síntese, tras escoitar as propostas do comité clínico que asesora ao Goberno, a Xunta decidiu reabrir parte da mobilidade pero con limitacións. Por unha banda deixa unha decena de concellos perimetrados.

En segundo lugar, permite a mobilidade no territorio galego, de forma que os cidadáns poderán acudir a municipios que se atopen no mesmo rango de incidencia, xa sexa un traslado de Santiago a Ourense ou de Lugo a Vigo, por exemplo.

E en terceiro lugar hai unha dobre restrición para as áreas sanitarias de Ferrol, A Coruña e Pontevedra-Salnés. Así, por unha banda estas áreas sanitarias quedan perimetradas internamente, é dicir, os desprazamentos só se poderán realizar dentro deste ámbito.

A segunda condición destes cidadáns será que só poderán moverse a concellos coa mesma situación epidemiolóxica e, no caso de que un deles estea entre os que teñen máis de 500 casos por 100.000 habitantes, non poderán cruzar o seu perímetro municipal.

En principio, e a falta das actualizacións que a Consellería de Sanidade asegurou que fará periodicamente pero sen precisar como e cada canto, a listaxe de concellos queda como segue:

Concellos pechados perimetralmente (máis de 500 casos). Na área da Coruña: Corcubión, Curtis e Ponteceso; na área de Ferrol: Moeche; na área de Santiago: Toques; na área de Lugo: O Corgo, Guitiriz; na área de Ourense: A Gudiña e A Peroxa.

Concellos nos que só se poderán mover dentro da área sanitaria (á que pertenzan) e só entre eles (por ter incidencia de entre 250 e 500). Área da Coruña (33 en total): Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.

Área de Ferrol (19): Ares, A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño e Vadoviño.

Área de Pontevedra (26): A Lama, A Illa de Arousa, Barro, Bueu, Cambados, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Marín, Meaño, Meis, Moraña, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

MOBILIDADE FÓRA DA ÁREA SANITARIA

Finalmente, haberá mobilidade entre estes concellos, aínda que non están na mesma área sanitaria. Iso si, non poderán acudir nin a outros da súa mesma área sanitaria con diferente incidencia, nin tampouco saltarse o perímetro a áreas sanitarias que están pechadas (as tres anteriores), aínda que o seu obxectivo sexa ir a un municipio con igual incidencia que o seu.

Área de Santiago (seis): Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois e Tordoia.

Área de Lugo (oito): A Pobra do Brollón, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade e Sober.

Área sanitaria de Ourense (11): A Mezquita, A Merca, Bande, Beade, Celanova, Punxín, Sandiás, Taboadela, Beira, Viana do Bolo e Xunqueira de Espadanedo.

Área sanitaria de Vigo (tres): Moaña, Oia e Redondela.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario...