InicioDeportesJavi López anuncia que o Club Deportivo Lugo "non vai tardar moito"...

Javi López anuncia que o Club Deportivo Lugo “non vai tardar moito” en pechar novas fichaxes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, adestrador de Club Deportivo Lugo, afirmou que a concentración que comezan mañá no Hotel Balneario Laias Caldaria en Laias (Ourense) servirá para “romper a rutina de estar aquí mañá e tarde na mesma instalación”, estarán “nun panorama distinto” e permitiralles “traballar con augas na recuperación” e “facer un pouco máis de grupo”. Mañá, antes de viaxar a Laias, xogarán contra o Real Oviedo en Xove (Lugo) a partir das 20 horas.

O adestrador de orixes galegas comentou que Luis Ruiz sufriu un esguince de tobillo e contan con que esté dispoñible “a finais de semana”, Eduard Campabadal “segue o seu proceso de reincorporación” e “nalgún espazo vai entrando”, mentres Jean Marie Dongou tamén sufriu un esguince de tobillo “un pouco menos importante que o de Luis”, “hoxe fixo completa a sesión”, “está operativo, non ten ningún problema e non ten nada que ver co do ano pasado”, onde sufriu unha lesión de longa duración no Gimnàstic de Tarragona.

López contestou que “non vai tardar moito” en haber novas fichaxes. Segundo Estadio Deportivo, están preto de acadar as cesións do lateral dereito e central Fede San Emeterio e o mediocentro Giorgi Aburjania, ámbolos dous do Sevilla Atlético. Confirmou esta nova Tino Saqués, presidente do Club Deportivo Lugo, onte na Radio Galega ao compañeiro Pedro Pablo Alonso durante o programa “Galicia en goles”. 

Javi López respondeu que, con respecto a posibles saídas de xogadores, “estase valorando, estase a falar e tódalas xestións estanse a facer” para “buscar acomodos para que eses xogadores poidan medrar”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...