InicioLugo e contornaLugoO impacto dos vídeoxogos na saúde mental a debate nun acto organizado...

O impacto dos vídeoxogos na saúde mental a debate nun acto organizado polo Concello de Lugo

A actividade, incluída no VII Ciclo de Adiccións sen Substancias, celebrarase este xoves ás 18.00 horas na Casa do Saber

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo organiza este xoves, 11 de xuño, a conferencia “Deseñados con trampas: como o deseño dos videoxogos afecta á saúde mental”, unha actividade enmarcada no VII Ciclo de Adiccións sen Substancias que abordará unha cuestión de crecente actualidade: a relación entre o uso dos videoxogos e a saúde mental, así como o impacto que determinados elementos do seu deseño poden ter nos hábitos de consumo e comportamento das persoas usuarias.

A ponencia correrá a cargo de Juan Francisco Navas Pérez, profesor da área de Personalidade, Avaliación e Psicoloxía Clínica da Universidade Complutense de Madrid, investigador e autor de numerosos artigos científicos relacionados coas condutas adictivas e a psicoloxía aplicada aos xogos de azar. Ademais, é coautor de obras de referencia nesta materia, entre elas o libro Trampas.

A conferencia está dirixida especialmente á mocidade, familias, profesionais da educación e a todas aquelas persoas interesadas en coñecer mellor os mecanismos que poden influír no uso problemático dos videoxogos e as súas consecuencias sobre o benestar emocional.

A actividade terá lugar ás 18.00 horas no salón de actos da Casa do Saber da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 297 498 ou a través da páxina web de Lugo +XTI.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...