InicioLugo e contornaLugoElena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A academia Ritmolugo é unha habitual dos campionatos nacionais e internacionais de baile deportivo, nos que adoita acadar destacados resultados, levando o nome de Lugo a diferentes puntos da xeografía española e europea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes da academia Ritmolugo para desexarlles moita sorte na súa participación no Campionato do Mundo de Baile Deportivo, que se celebrará nos próximos días en Bolonia (Italia).

Seis deportistas de entre 10 e 19 anos, acompañados por membros da escola, viaxarán este xoves para representar a Lugo nesta importante cita internacional.

Durante o encontro, a rexedora felicitou aos participantes polo esforzo, a constancia e o traballo realizado para chegar a unha competición deste nivel e animounos a desfrutar dunha experiencia única.

A academia Ritmolugo é unha habitual dos campionatos nacionais e internacionais de baile deportivo, nos que adoita acadar destacados resultados, levando o nome de Lugo a diferentes puntos da xeografía española e europea.

Os mozos e mozas que participarán no Mundial tiveron ademais a oportunidade de completar a súa preparación con sesións de formación impartidas polos bailaríns Karen e Ricardo, nove veces campións do mundo na modalidade de salsa.

Elena Candia trasladoulles o apoio de toda a cidade e destacou o orgullo que supón para Lugo contar con deportistas que representan á cidade nunha competición internacional destas características, ao tempo que lles desexou o maior dos éxitos nesta nova aventura deportiva.

 

A Concellería de Deportes, Xuventude e Infancia abre as piscinas exteriores de Frigsa do 15 de xuño ao 15 de setembro

Este luns, 15 de xuño, comeza a tempada estival nas piscinas de Frigsa. Nas quincenas de xuño e setembro o horario será de luns a venres de 14:00 a 20:30 horas, e as fins de semana de 12:00 a 20:00 horas. En xullo e agosto, o acceso de luns a venres adiantarase ás 12:00 horas, mantendo o peche ás 20:30 e o mesmo horario de fin de semana.

As tarifas non varían respecto a campañas anteriores. A mocidade ata 15 anos pagará 1 € por entrada ou 10,80 € polo abono de 15 baños. Para maiores de 16 anos o prezo será de 2,20 € e o seu abono custará 22,30 €. Pensionistas e familias de tres ou máis membros pagarán 11,10 €, existindo tamén abonos xerais de 15 baños por 29,90 € e de 30 baños por 59,10 €.

O recinto dispón de tres vasos diferenciados. Os menores de 3 anos teñen un prato sen profundidade, mentres que os rapaces de 4 a 12 anos dispoñen da piscina mediana cun máximo de 1,30 metros. A piscina profunda, onde é obrigatorio saber nadar, ten 8 rúas de 25 metros de longo e entre 1,20 e 2,50 metros de profundidade.

O Concello garante ademais o servizo de piscina climatizada alternando o peche por limpeza e mantemento. En xullo abrirá Frigsa de luns a venres de 07:00 a 22:30, sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e domingos de 10:00 a 14:00 horas, mentres pecha As Pedreiras. En agosto pechará Frigsa e abrirá As Pedreiras no seu horario habitual, de luns a venres de 08:00 a 22:30, sábados de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00, e domingos de 10:00 a 14:00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

O impacto dos vídeoxogos na saúde mental a debate nun acto organizado polo Concello de Lugo

O Concello de Lugo organiza este xoves, 11 de xuño, a conferencia "Deseñados con trampas:...