InicioMovementos sociaisA Deputación participa na presentación do libro '100 Olladas' de ASPNAIS

A Deputación participa na presentación do libro ‘100 Olladas’ de ASPNAIS

O libro sae do prelo polo 60 aniversario de ASPNAIS

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este luns na presentación do libro 100 Olladas, unha publicación editada para conmemorar o 60 aniversario da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais). Miguel Fernández puxo en valor esta obra “que recolle a traxectoria dunha entidade que é un referente social para Lugo a prol da inclusión e da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias”. Así mesmo, destacou que “Aspnais representa os valores dunha sociedade máis xusta, solidaria e inclusiva. O seu labor durante estas seis décadas contribuíu a avanzar na igualdade de oportunidades e a construír unha provincia mellor para todas e todos”.

Lembrou o Deputado o compromiso da Deputación con este colectivo ao que a institución provincial achega anualmente 5.000 euros para o programa de intervención psicolóxica de Aspnais, destinado a mellorar a calidade de vida dos seus usuarios. Ademais, destacou que a institución provincial ten cedidas á asociación as antigas instalacións do Hospital San Xosé, favorecendo así a súa actividade e a atención que presta na provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...