InicioSucesosCae unha mafia china con fíos en Lugo que traficaba con droga...

Cae unha mafia china con fíos en Lugo que traficaba con droga a través de empresas de paquetería

A operación conxunta da Policía, a Garda Civil e a Axencia Tributaria implicou rexistros e detencións na cidade das murallas. A rede de tráfico internacional podería ter evadido medio millón de euros de forma mensual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía e a Garda Civil desarticulan unha organización da mafia chinesa dedicada ao tráfico de droga internacional e branqueo de capitais a través de empresas de paquetería, coa detención de 38 persoas en varias provincias.

A operación conxunta de ambos os corpos e a Axencia Tributaria foi desenvolta en Madrid, Salamanca, Toledo, Asturias e Lugo, onde se practicaron tanto rexistros como detencións, e As Palmas, onde se realizou unha detención.

Dos 38 arrestados, 23 ingresaron en prisión acusados de pertenza a unha organización criminal, delitos contra a saúde pública e usurpación de estado civil, entre outros. Os rexistros foron realizados en domicilios, establecementos comerciais e empresas de paquetería.

A rede utilizaba as mesmos canles establecidas para o envío de substancias estupefacientes para enviar grandes cantidades de efectivo a países como Italia ou Portugal, e estímase que poderían estar evadindo ata medio millón de euros de forma mensual.

INCAUTACIÓN

Na operación interveuse máis de media tonelada de marihuana, 2 quilogramos de metanfetamina, 160.000 euros en efectivo, doce vehículos -sete de alta gama-, xoias e reloxos de luxo, así como dúas armas de fogo modificadas e outros efectos e documentos. Ademais, foron desmanteladas tres plantacións “indoor” e incautada máis de media tonelada de marihuana preparada para o seu envío ao estranxeiro.

Os axentes detectaron en abril de 2018 envíos de grandes cantidades de marihuana a Francia para a súa posterior comercialización. A investigación situouse nunha organización criminal chinesa, que podería estar a utilizar unha rede de empresas de paquetería postal rexentadas por cidadáns desa nacionalidade como elemento intermediario facilitador da súa actividade ilegal.

AS ESTRUTURAS INTERNAS

Segundo a Dirección Xeral da Policía, este grupo desmantelado estaba xerarquizado e tiña un alto grao de especialización e profesionalidade. Estaba estruturado en células encargadas do cultivo de forma masiva en plantacións tipo “indoor” en naves industriais e vivendas illadas de gran tamaño, mentres outras se encargaban do envase e envío ao estranxeiro mediante as empresas de paquetería.

Os investigadores puideron detectar como este tipo de organizacións criminais chinesas asumiron o cultivo e adquisición desta substancia en España para posteriormente empaquetala e distribuíla a outros países da nosa contorna como Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia ou Países Baixos.

Segundo a Policía, estas organizacións adoptan un alto grao de opacidade e hermetismo nas comunidades e zonas onde se asentan, tratando de pasar desapercibidas e dificultando a súa detección polos distintos corpos policiais.

Utilizando os mesmos canles establecidas para o envío de substancias estupefacientes, outros membros da organización criminal enviaban grandes cantidades de efectivo a países como Italia ou Portugal, realizándose aprehensións de ata 100.000 euros no seu interior.  A rede utilizaba ademais sistemas complementarios de canalización deses beneficios, realizando compensacións económicas evitando en todo momento o espazo económico español.

Os membros da rede que se atopaban en situación irregular utilizaban documentos doutros cidadáns chineses, roubados ou prestados por outros membros da organización evitando así obter a súa identidade real, conclúe a Policía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...