InicioEconomíaO sector da distribución bótase ás rúas de Lugo para reclamar axudas

O sector da distribución bótase ás rúas de Lugo para reclamar axudas

O colectivo Adislugo esixe subvencións directas e que se manteñan os ERTEs, ademais de pedir financiamento para os seus clientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O sector da distribución para hostalería sacou este luns á rúa uns douscentos vehículos de reparto para unha manifestación en Lugo coa que o colectivo —agrupado na asociación Adislugo— pretende reclamar axudas contra os danos ocasionados polas restricións da pandemia.

A manifestación partiu ás 09:00 horas do parque empresarial das Gándaras e pasou polo polígono industrial do Ceao. Desde alí dirixíronse ao centro de Lugo para dar dúas voltas á Rolda da Muralla, onde está situado o edificio administrativo da Xunta de Galicia.

O presidente de Adislugo, Eloy García, comentou que as empresas que a integran dan traballo neste momento a máis de medio milleiro de persoas, ás que hai que sumar os 170 comerciais das adegas e das empresas cervexeiras. Lembrou a EFE que a distribución “depende totalmente do sector da hostalería”, polo que, cos establecementos pechados, a súa actividade está tamén paralizada.

Por iso, dixo Eloy García, o que reclama este sector “son axudas directas e que se manteñan as subvencións para os ERTEs”, co obxectivo de manter os negocios a flote á espera de que se recupere a hostalería.  Tamén reclaman “financiamento” para os seus clientes, de modo que dispoñan de liquidez para facer fronte aos pagos aos seus provedores.

A conto diso, afirman que as empresas de distribución están a pasar por problemas de liquidez, dado que teñen que pagar aos seus provedores “nun prazo curto de tempo”, pero “fíanlle aos clientes” por un período de tempo prolongado.

Aseguran que esta manifestación busca darlle visibilidade á problemática do seu negocio, do que viven “centos de familias” na provincia, e do que “unha boa parte da sociedade non ten constancia”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

Un home enfróntase a 12 anos de cadea por abusos sexuais á súa curmá menor de idade

Un veciño de Xermade enfróntase a unha pena de prisión de 12 anos como...