InicioSociedadeDous novos falecidos pola covid na provincia

Dous novos falecidos pola covid na provincia

Só nesta semana morreron 212 persoas por covid en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas anunciou este domingo o falecemento de 17 novas persoas pola covid, entre eles, dúas na provincia de Lugo, as dúas no HULA . Unha cifra que suma 212 mortes nunha semana, a peor cifra desde o inicio da pandemia e que deixa, polo momento, 1.967 falecidos.

De feito, esta mesma semana Galicia superou o récord de mortos nesta crise sanitaria ao chegar aos 40. Unha cifra elevadísima que se mantivo varias días por riba das 30 vítimas. Este domingo, e como acontece nas últimas semanas, a Xunta comunicou que os falecidos tiveron lugar en distintos días, desde o 4 de febreiro ata o 7.

E, como nos últimos días, a provincia da Coruña, e especialmente, a área sanitaria da cidade herculina segue sendo a máis afectada, seguida de Santiago e Vigo. Na Coruña faleceron cinco persoas; en Santiago, catro e en Vigo, tres. Na área sanitaria de Ourense foron dous os mortos, igual que na de Lugo e un na de Ferrol. Todos tiña patoloxías previas e cinco deles eran usuarios de residencias.

Esta é a lista do Sergas:

Día 4 de febrero:
Muller de 89 anos, no Chus. Procedía da Residencia San José de Arzúa.

Dia 5 de febreiro:
Home de 98 anos, no Chuvi.

Dia 6 de febreiro:
Home de 74 anos, no Chuf.
Muller de 97 anos, no Chuvi.
Home de 92 anos, na Residencia Domus VI Carballo.
Muller de 89 anos, na Residencia Domus VI Carballo.
Home de 88 anos, no Chuac.
Muller de 99 anos, no Hospital Modelo da Coruña.
Home de 89 anos, no Chuo. Procedía da Residencia Quercus de Leiro.
Home de 67 anos, no Hospital de Verín.
Home de 90 anos, no Chuvi.
Home de 72 anos, no Chus.
Home de 89 anos, no Hula.

Día 7 de febreiro:
Home de 82 anos, no Chuac.
Home de 75 anos, no Chus.
Home de 79 anos, no Chus.
Home de 87 anos, no Hula. Procedía da Residencia de Sarria.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...