InicioSociedadeO coronavirus pesa nos hospitais de Lugo: 67 pacientes en planta e...

O coronavirus pesa nos hospitais de Lugo: 67 pacientes en planta e 20 na UCI

Os casos activos estabilízanse por segundo día consecutivo na provincia. No conxunto de Galicia, as hospitalizacións tamén seguen á alza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo presenta hoxe uns datos similares aos de onte en canto ao total de casos activos. Son 2.130, tan só un máis ca os contabilizados o domingo. Porén, a pesar desta estabilización por segundo día consecutivo, o panorama volve empeorar nos hospitais, onde houbo unha importante repunta de ingresos.

O Sergas comunica 87 hospitalizacións relacionadas co coronavirus, 14 máis ca onte. Desa cifra, 20 están a ser atendidas na UCI (18 no HULA e 2 na Mariña). O resto de pacientes atópanse en planta, distribuídos do seguinte xeito: 43 no HULa, 10 na Mariña, 13 en Monforte e 1 no Polusa.

Ademais, nas últimas 24 horas o Sergas detectou 92 casos novos de Covid-19 a través de PCR.  Ao mesmo tempo, 95 persoas recibiron a alta por superar a enfermidade. Así, cóntanse 8.024 curados dende o inicio da pandemia e 159.793 probas PCR realizadas.

GALICIA

Os casos activos de Covid-19 descenderon a 22.420 en Galicia, o que supón 188 menos que a xornada anterior, a primeira vez que baixan desde hai un mes. Con todo, os hospitalizados con coronavirus seguen en aumento ata os 1.452, deles 242 en UCI –dez máis que o día anterior-. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...