InicioPolíticaJosé Álvarez Flores, elixido novo coordinador de Cs en Lugo

José Álvarez Flores, elixido novo coordinador de Cs en Lugo

Apostou pola "moderación, o diálogo, a rexeneración e o sentido común" e criticou as "liortas" entre os partidos políticos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Na nova Xunta Directiva de Ciudadanos Lugo asumimos con ilusión e confianza este novo período que se abre ante nós. Son tempos difíciles. Á pandemia sanitaria súmase unha pandemia política crónica para a que, agora máis que nunca, hai que empezar a buscar unha vacina”. Son as primeiras valoracións do novo coordinador local da agrupación de Cs en Lugo, José Álvarez Flores, tras a súa elección.

Na súa intervención apostou pola “moderación, o diálogo, a rexeneración e o sentido común” e criticou as “liortas” entre os partidos políticos. “Estas loitas e desencontros entre as distintas administracións e grupos políticos é un fiel reflexo do que non debe ser a política, usando como arma conflitos para desgastar ao rival político, cando en realidade os máis prexudicados son os cidadáns aos que se di servir”, dixo o novo coordinador en clara referencia á falta de entendemento evidenciado polos políticos galegos.

“Cremos nunha sociedade de cidadáns libres e iguais, moderna, sen complexos, orgullosa do seu pasado, inquieta polo seu presente e disposta a loitar, con esforzo, esperanza e determinación, polo seu futuro”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...