Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña | EFE - Eliseo Trigo
MÁIS CONTAXIOS E CASOS
Tamén aumentan este venres os casos activos de Covid-19 ata os 22.124, o que supón 511 máis que a xornada anterior. Por áreas sanitarias, 2.009 son de Lugo. Deste xeito, a cifra de contaxiados desde o inicio da pandemia aumenta en Galicia a 94.289, dos que en Lugo hai 9.937.
En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizadas– este venres mantense por baixo do 10 por cento como a xornada pasada, nun 9,8%, polo que segue por encima do establecido pola OMS para dar por controlada a pandemia, un 5% do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.