InicioSociedadeA Xunta insiste na súa "reordenación educativa" en Begonte co peche dun...

A Xunta insiste na súa “reordenación educativa” en Begonte co peche dun centro en Baamonde

O conselleiro de Educación di que quere reagrupar dous centros nos que estudan 70 e 30 alumnos. O PSdeG di que é un "caso inédito" en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado socialista Luís Álvarez, preguntoulle este mércores ao conselleiro de Educación polo peche dunha escola no municipio lucense de Begonte nun pleno do Parlamento de Galicia porque, dixo, é “un caso inédito en Galicia”. “O primeiro alcalde que quere pechar un colexio con 30 alumnos“, manifestou.

O socialista lembrou que, recentemente, este concello, cun alcalde do PP, anunciou a súa intención de pedir á Consellería de Educación a unificación do CEIP Virxe do Corpiño e Baamonde nun “único centro” para empregar as instalacións do CEIP Baamonde para a creación dun conservatorio de música profesional.

Respecto diso, Román Rodríguez asegurou que o seu departamento coñece o interese manifestado polo rexedor por “conversacións informais” e destacou que o que se expón é “unha reorganización educativa” que pasa pola reagrupación de dous centros nos que estudan 70 e 30 alumnos.

Ademais, sinalou que o conservatorio que se crearía no CEIP de Baamonde sería impulsado e desenvolvido polo propio concello. “Nós apoiariamos co recoñecemento, parécenos unha boa iniciativa“, indicou.

Tras iso pediu fuxir do “alarmismo”. “Non se expón un peche como un abandono educativo deses alumnos”, subliñou para incidir en que os centros están “a escasos minutos”. “Hai que estudalo e avalialo tendo en conta o criterio de mellorar a calidade educativa”, sostivo.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....