InicioSociedadeGuía do que podes e non podes facer coas novas restricións

Guía do que podes e non podes facer coas novas restricións

Resumimos a normativa publicada no DOG esta noite e que será de aplicación en toda a comunidade alomenos ata o vindeiro 17 de febreiro para tentar atallar o coronavirus

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Galicia endurece as restricións contra a Covid-19 desde este mércores e, como mínimo, ata o próximo 17 de febreiro, limitacións xa publicadas no diario oficial da Comunidade e que contemplan o uso da máscara en todo momento, coa única excepción do consumo de tabaco na vía pública aínda que con carácter momentáneo e se a persoa está fóra de lugares habituais de circulación de viandantes.

Durante as próximas tres semanas unicamente estarán autorizadas as reunións de conviventeslimitada a mobilidade ao propio municipiopechada a hostalería completamente (interior e terrazas), os centros comerciais a fin de semana e o comercio non esencial poderá traballar unicamente ata as seis da tarde. Estes son os apartados máis destacables:

POBOACIÓN VULNERABLE

Maiores de 75 e persoas con problemas demostrados para usar a máscara. Non deben saír en horas de previsible afluencia.

FESTAS

Non se poderán celebrar verbenas nin eventos populares.

PRESTACIÓN DE ASISTENCIA E AXUDA NO FOGAR

Coidadores e persoas coidadas deben ir sempre provistos de máscara, salvo dificultade respiratoria, os casos nos que non hai autonomía ou alteracións de conduta diagnosticadas.

VELORIOS E ENTERROS

Poderá haber cinco persoas por túmulo, excepto conviventes, e un máximo de 15 no exterior. A participación na comitiva para o enterro ou despedida para a cremación do falecido restrínxese a un máximo de 15 persoas non conviventes. As zonas comúns de paso deben usarse unicamente para o tránsito de entrada e saída sen que poidan formarse grupos. O tempo de estancia nas instalacións reducirase ao estritamente necesario para expresar as debidas condolencias, evitando permanecer nas zonas de paso. Os servizos de hostalería existentes nos establecementos funerarios permanecerán pechados ao público.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...