Home Lugo e contorna Lugo O xefe de Oncoloxía no HULA: “En Galicia tómanse medidas e en Madrid divírtense”

O xefe de Oncoloxía no HULA: “En Galicia tómanse medidas e en Madrid divírtense”

0
O xefe de Oncoloxía no HULA: “En Galicia tómanse medidas e en Madrid divírtense”
Entrada do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) / LX

EFE | O xefe de Oncoloxía do Hospital Lucus Augusti (HULA), Sergio Vázquez, un dos 35 integrantes do comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia,  amosouse indignado por certos comportamentos e actitudes nesta terceira onda da pandemia.

“Non entendo absolutamente nada. Madrid realmente é un problema para España. Mentres en Galicia Feijóo toma medidas restritivas serias baseadas na evidencia e recomendacións do comité clínico, en Madrid divírtense“, criticou. Así o manifestou na súa conta de Twitter, na que apelou ao “sentidiño” porque lembra que “agora toca tamén responsabilidade cidadá”.

En Galicia, as medidas endurécense dende este mércores: peche de todos os concellos galegos, xuntanzas limitadas a conviventes, peche da hostalaría, apertura do comercio non esencial só ata as 18:00 horas, deporte soamente individual e ao aire libre con máscara…

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here