InicioEconomíaA Deputación amósase disposta a destinar o 1% do seu orzamento ao...

A Deputación amósase disposta a destinar o 1% do seu orzamento ao rescate hostaleiro

José Tomé apoia a creación dun fondo con achegas proporcionais da Xunta, das institucións provinciais e dos grandes concellos de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou de que o goberno provincial apoia a creación dun fondo común de rescate á hostalería e ao turismo, , ao que a Xunta, as deputacións e os grandes concellos de Galicia destinen “o 1% do seu orzamento deste ano”.

“Estamos dispostos a seguir colaborando para apoiar un sector do que dependen 66.000 empregos e que representa o 4,5 do PIB de Galicia”, dixo Tomé aos medios de comunicación, cunha “fórmula proporcional e xusta, pois cada administración achegaría” a ese fondo “en función dos recursos económicos dos que dispón”.

Lembrou que “a suma dos fondos da Xunta, das catro deputacións e das sete principais cidades permitiría crear un gran plan coordinado de axudas directas”, dotado con “máis de 140 millóns de euros, fronte aos 50 millóns que propón o goberno galego”.  Tomé dixo que a Deputación estaría disposta a asumir ese “importante esforzo económico”, a pesar de que “non ten as competencias” nesa materia, “que son autonómicas”.

Ademais, precisou que eses fondos para o plan de rescate sairían de “recursos propios” da Deputación, mentres que a Xunta recibiu do “Estado e da Unión Europea cuantiosos fondos extraordinarios para combater a pandemia”.

REUNIÓN AGRUPACIÓN INDUSTRIAL DE TURISMO

Por outra banda, a Deputación de Lugo lamenta que “a Agrupación industrial de Turismo de Galicia prescindise da súa participación na reunión de hoxe en Santiago, na que se abordará esa proposta por iniciativa das deputacións socialistas, ao negarlle a posibilidade de participar de forma telemática, unha decisión incomprensible na actual situación de crise sanitaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...