InicioSociedadeTres novos concellos de Lugo terán máximas restricións pola covid

Tres novos concellos de Lugo terán máximas restricións pola covid

Os tres están na Mariña.

PUBLICADA O

O Comité clínico  que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste luns, 18 de xaneiro, elevar ao  nivel máximo as restricións aos concellos de Vigo e Pontevedra, logo da revisión da evolución epidemiolóxica da covid-19 en toda Galicia. Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións  outros 54 concellos de Galicia, dos queTres deles están na provincia de Lugo. Todos eles na zona da Mariña. Trátase de Burela, Cervo e O Vicedo. Outros 12 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol. Estes concellos son, na área coruñesa, Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Na área sanitaria de Lugo son Burela, Cervo e O Vicedo e na área ourensá, Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. No referido á área de Pontevedra os concellos que soben ao nivel máis alto de restricións son A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña. En canto a área sanitaria de Vigo, márcanse máximas limitacións tamén nos concellos de Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas. Na área sanitaria compostelá colócanse no nivel máis alto de restricións  Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda, mentres que na área de Ferrol, engádense ao grupo Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño. Tras sumar estes 56 concellos, Galicia pasará a ter 116 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...